Pérez Losada

Senior Lecturer

Area of Archaeology
Department of History, Art and Geography

Contact information

Faculty of History
Pavillón 2, Floor 1, Despacho 29

As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 268
fermin@uvigo.es

Short CV

Fermín E. Pérez Losada (Santiago de Compostela, 1962) é arqueólogo, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC (1985), coas especialidades de Historia Antiga e Prehistoria e Arqueoloxía, e Doutor pola mesma Universidade (2000) onde acadou o Premio Extraordinario de Doutoramento. Bolseiro de investigación predoutoral nas Universidades de Coimbra e Braga (1987-1988) e no Departamento de Historia I da USC (1989-1990). Profesor da Facultade de Historia da UVigo desde 1990, inicialmente contratado como Asociado, Axudante ou Interino, acada en 2003 a categoría actual de Prof. Titular de Universidade. Tamén é profesor Tutor da UNED, no Centro Asociado de Ourense, desde 2006.
Ocupou os postos administrativos de Secretario (1990-1993; 2004-2005) e Director (2005- 2008) do Departamento de Historia, Arte e Xeografía. Tamén foi Secretario (2009-2012) da Comisión Académica do Máster/Doutoramento “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais”, onde actualmente ocupa, desde 2012, o cargo de Coordinador. Investigador Principal do extinto Grupo “Arqueoloxía Aplicada” (2003-2011), actualmente forma parte do Grupo de Investigación GEAAT, onde desempeña funcións de coordinador xeral. Ten dirixido varios Proxectos de I+D de investigación, escavación e musealización arqueolóxica, destacando os dos xacementos romanos de Noville en Mugardos (1988-1989), Toralla en Vigo (2002-2009), Armea en Allariz (2011-2012) e o actual de Currás en Tomiño (2013). As súas principais liñas de investigación son o poboamento, territorio e ocupación rural romana do Noroeste peninsular, tema sobre o que ten publicado mais dunha cincuentena de obras, e a valoración e xestión do patrimonio arqueolóxico, participando como docente no Máster da UVigo “Tecnoloxías para a protección do Patrimonio Cultural inmoble”.

Teaching

Teaching profile at UVigo

1st term

Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural

O02M143V03101 | Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural
O02M143V03102 | Valor e Significado do Patrimonio Cultural

2nd term

Bachelor’s Degree in Geography and History

O02G251V01204 | Teoría e método da arqueoloxía (Coordinator)
O02G251V01405 | Arqueoloxía aplicada (Coordinator)

Research

Researching profile at UVigo

Research group

Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT)

Research topics

  • Poboación, territorio e ocupación rural romana do noroeste peninsular
  • Valoración e xestión do patrimonio arqueolóxico