V Seminario Permanente: Conceptos con Historia. Pobreza

O Seminario permanente CONCEPTOS CONHISTORIA ten como obxecto ofertar ao alumnado do Grao en Xeografía e Historia, que se imparte na Facultade de Historia da UVigo, a posibilidade de profundar en conceptos de relevo para a elaboración do coñecemento histórico dende unha perspectiva transversal (son analizados para as dúas épocas moderna e contemporánea) e interdisciplinar (coa participación de especialistas procedentes das distintas áreas das Humanidades e das Ciencias Sociais).
Na súa quinta edición, abórdase o concepto de «Pobreza».