bannerfaihistoria 2019

Solicitude de 10 voluntarios/as para colaborar no desenvolvemento do III Congreso Internacional da Auga

Proxecto propio de voluntariado: III Congreso Internacional da Auga - Facultade de Historia.

Desenvolvemento temporal: Do 25 ao 26 de outubro de 2018.

Obxectivo xeral: Axuda no desenvolvemento do congreso.
Obxectivo específico: Atender aos máis de 150 congresistas e asistentes ao congreso.

Destinatarios do programa: estudantado matriculado no campus de Ourense, con preferencia do matriculado na Facultade de Historia.

Función do voluntario/a:

  • Organizar os espazos.
  • Entrega de documentación.
  • Acompañamento aos participantes e asistentes.
  • Colaboración no desenvolvemento do congreso.

Lugar de realización das actividades: Edificio Facultades, campus de Ourense.

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: O día 25 de outubro de 09.00 a 20.00h. e o día 26 de 09.30 a 20.00h.

Data de inicio/incorporación: 25/10/2018
Data de finalización/saída: 26/10/2018

Os voluntarios seleccionados terán a matrícula gratuita no dito congreso.

Inscrición na Área de servizos á comunidade. Unidade administrativa.