Fai Historia con nós

Comeza o estudo das pinturas rupestres prehistóricas de Vilardevós

Dirección Xeral de Patrimonio financia a intervención arqueolóxica

Un equipo galaico-luso liderado pola Universidade de Vigo está a realizar o proxecto de intervención arqueolóxica no abrigo con pintura rupestre prehistórica localizado no Concello de Vilardevós, na provincia de Ourense, o pasado ano. O proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, permitirá afondar no coñecemento “do segundo sitio con pinturas de estilo esquemático que se descubre e escava en Galicia”, segundo subliña Beatriz Comendador, profesora da Área de Prehistoria da Universidade de Vigo e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) que dirixe o proxecto.

A historia antiga reescríbese en feminino
Leer más...

A historia antiga reescríbese en feminino

O campus de Ourense acolleu unha xornada dedicada a este período

Mulleres que na antiga Mesopotamia traballaban nas mesmas categorías que os homes, como a construción; cinco faraoas que gobernaron no antigo Exipto; mulleres que na antiga Roma realizaron as primeiras manifestacións contra leis lesivas para elas, e Safo, a primeira poetisa recordada da literatura da antiga Grecia. Estes foron os catro temas escollidos para abordar este luns na xornada A muller na antigüidade: perspectivas e reflexións que celebrou a Facultade de Historia do campus de Ourense. Fronte a unha visión histórica tradicionalmente androcéntrica, o obxectivo desta iniciativa foi visibilizar e reivindicar desde unha perspectiva de xénero o papel das mulleres na antigüidade.

A historia antiga reescríbese en feminino
Leer más...

Unhas xornadas visibilizarán o papel da muller na antigüidade

A cita terá lugar o 1 de outubro na Facultade de Historia

A cita, que terá lugar o 1 de outubro na Facultade de Historia do campus de Ourense, está organizada polas profesoras deste centro Susana Reboreda e Iria Souto, que comparten o seu compromiso coa abordaxe da temática de xénero nas súas áreas de estudo e que no caso de Susana Reboreda se materializa na participación en proxectos de investigación competitivos tanto estatais como europeos sobre esta cuestión. Aínda que especialmente pensada para o alumnado do Grao en Xeografía e Historia que se imparte nesta facultade, a actividade é aberta e de balde para todas as persoas interesadas.

Unhas xornadas visibilizarán o papel da muller na antigüidade
Leer más...

Historia consolida a súa matrícula tras varios anos con baixa demanda

Enxeñaría Agraria é a titulación que espertou por agora menos interese

O vindeiro mércores, 12 de setembro, decenas de estudantes ourensáns someteranse ás probas de acceso á universidade, ABAU, na súa segunda convocatoria. Quen aprobe terán por diante a oportunidade de matricularse nalgunha das moitas titulacións do sistema universitario galego pero para os que teñan os seus ollos postos no campus de Ourense as alternativas serán bastante reducidas. Así, a estas alturas nove das dezasete titulacións que se imparten no recinto académico provincial xa están pechadas, tras facerse a semana pasada o cuarto chamamento da Comisión Interuniversitaria de Galicia para formalizar matrículas.

Leer más...

O achado do “tesouro pétreo de Balvís” pecha a intervención arqueolóxica deste ano en Armea

Na domus norte o Geaat atopou unha inscrición en pedra

O día 18 de xuño arrancou no xacemento da “Cibdá de Armea” a quinta campaña arqueolóxica que desenvolve nel o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat) con financiamento do concello ourensán de Allariz. Rematada a fase de escavacións, as e os arqueólogos salientan os bos resultados acadados este ano non só por conseguir o seu obxectivo de deixar descuberta na súa práctica totalidade a zona da atalaia deste enclave senón tamén por atopar restos pétreo moi relevantes para o xacemento.

O achado do “tesouro pétreo de Balvís” pecha a intervención arqueolóxica deste ano en Armea
Leer más...