Fai Historia con nós

O III Congreso Internacional da Auga estará centrado na historia

A cita celebrarase do 25 ao 27 de outubro de 2018 no campus

Se na primeira edición o protagonista foi o termalismo e a calidade de vida e no segundo as inundacións e secas, o III Congreso Internacional da Auga, organizado no marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, terá como eixe temático central a historia. A cita, celebrarase do 25 ao 27 de outubro de 2018 co obxectivo de volver unha vez máis a ser “punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados coa auga”.

III Congreso Internacional da Auga
Leer más...

Todo o que o alumnado de Historia necesita saber sobre... o traballo fin de grao e saídas profesionais

A facultade celebrou este venres unha xornada de orientación profesional

A Facultade de Historia do campus de Ourense celebrou este venres unha Xornada de Orientación Profesional destinada a orientar ao seu alumnado en dous aspectos: no traballo fin de grao e nas saídas profesionais desta titulación.

Por unha banda, egresadas e egresados do centro volveron a el para explicar aos estudantes diferentes opcións que teñen ao rematar os seus estudos, desde as oposicións ata o emprendemento.

Por outra, a egresada Laura Novelle presentou o seu primeiro libro, titulado "Sobrevivir ao traballo fin de grao en Humanidades e Ciencias Sociais. Todo o que necesitas saber".

Xornada de Orientación Profesional
Leer más...

O Grao en Xeografía e Historia, no "Top Ten" dos máis valorados polos egresados

Os mestrados científicos e tecnolóxicos manteñense como os títulos mellor valorados polos egresados da Universidade de Vigo no derradeiro informe de satisfacción realizado pola área de Calidade. Os enquisados destacan a actualidade e a adecuación da formación recibida, así como a utilidade das prácticas e os recursos e servizos das institucións.

Neste "top ten" soamente aparecenn dous mestrados do ámbito xurídico e social: Dirección Pública e Liderado Institucional, de Pontevedra; e Creación, Dirección e Innovación na Empresa, de Ourense. A rama de arte e humanidades só está representada polo grao en Xeografía e Historia que se imparte no campus das Burgas.

Tendo en conta os mestrados e graos impartidos polos centros dos tres campus, o máis valorado polos egresados é a Facultade de Química, que recibe un 3,83.

E tras ela destacan a facultade ourensana de Historia -3,75-, a Escola de Estudos Empresariais de Torrecedeira -3,73-, Dereito de Ourense -3,71- e Fisioterapia de Pontevedra -3,60-.


Ler a noticia completa

valoración egresados 2015-2016

A I Olimpíada de Historia celebrarase o día 25 de maio no campus

Poden inscribirse estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia

A Facultade de Historia do campus de Ourense, en colaboración coa revista El Octavo Historiador, vén de convocar a I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós. Con carácter autonómico e pioneiro en Galicia, a cita ten como obxectivo espertar a curiosidade do alumnado preuniversitario por esta área. Os estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia interesados en participar neste concurso competitivo de pregunta-resposta teñen de prazo ata o 13 de abril para inscribirse. A competición terá lugar o día 25 de maio no campus de Ourense.

presentación da I Olimpíada de Historia
Leer más...

'Arrivederci' Italia!

Regresan os 30 membros da comunidade universitaria que participaron na IX Viaxe de Estudos Arqueolóxicos

Os 30 membros da comunidade universitaria que este ano participaron na IX Viaxe de Estudos Arqueolóxicos, organizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Geaat da Universidade de Vigo e a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense, xa están de volta. Durante once días percorreron o sur de Italia co obxectivo de coñecer o seu patrimonio histórico e arqueolóxico. Foi unha viaxe “intensa pero marabillosa” que lles permitiu vivir experiencias que agardan lembrar sempre, desde camiñar polas rúas da Pompeia soterrada pola erupción do Vesubio ata conducir pola caótica Nápoles.

IX Viaxe de Estudos Arqueolóxicos
Leer más...