Fai Historia con nós

Un estudo histórico sitúa a orixe da vila de Oímbra no século XIII, dous séculos antes do considerado

A iniciativa é froito dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo

En abril de 2017 Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, asinaron un convenio de colaboración que tiña como obxectivo buscar as orixes históricas deste municipio ourensán. Este xoves presentáronse os resultados da investigación realizada por un equipo da Facultade de Historia do campus de Ourense. Entre eles destácase como “cos novos datos coñecidos a raíz da elaboración deste proxecto de investigación, Oímbra configúrase como vila xa no século XIII, sempre con anterioridade a 1287 e, polo tanto, dous séculos antes do que ata o momento se pensaba”.

orixe da vila de Oímbra
Leer más...

O campus logrou este curso a taxa de ocupación máis alta de toda Galicia

Todas as facultades completaron as prazas libres e algúns centros ampliaron matrícula

O campus de Ourense logrou este período lectivo os mellores datos de alumnado dos últimos tempos. Así, o nivel de ocupación dos primeiros cursos alcanzou o 101,7 %, unha porcentaxe que non só supera ao da Universidade de Vigo, que quedou no 99,1 %, senón que ademais foi o mellor de todos os campus da comunidade autónoma. En total, matriculáronse este curso na Universidade de Vigo 3.698 alumnos de novo ingreso, dos que case un milleiro escolleron algunha das facultades ou escolas do recinto académico provincial.

Leer más...

Unhas xornadas afondarán na valorización da arte rupestre galaica

A cita será na Facultade de Historia os días 14 e 15 de decembro

“A extraordinaria abundancia e calidade da arte rupestre galaica suscita a necesidade de estudala, interpretala, conservala e divulgala como unha parte sobranceira da nosa memoria histórica e do noso patrimonio material”.

Con esta premisa, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT da Universidade de Vigo organiza os días 14 e 15 de decembro, na Facultade de Historia do campus de Ourense, o ciclo de conferencias No Limiar das Artes. Encrucillada de Tradicións Rupestres.

Leer más...

A evolución do clima e o uso do solo centran as Xornadas Xeográficas

A Facultade de Historia acolleu este venres a súa celebración

A Área de Xeografía Física da Universidade de Vigo organizou este venres na Facultade de Historia do campus de Ourense as Xornadas Xeográficas 2017.

A cita, explica Elena de Uña, responsable xunto a Miguel Ángel Álvarez desta cita, tivo como obxectivo “abordar dun xeito moi interdisciplinar temas de actualidade, moi debatidos, contribuíndo á reflexión sobre a variabilidade climática e o mantemento de recursos esenciais para a diversidade no planeta”.

Para abordar estes temas achegáronse ás xornadas persoal docente e investigador das universidades de Vigo e Aveiro, en Portugal.

Leer más...

Unha asociación, unha revista e unha paixón chamada románico

Augusto Guedes falou este xoves na Facultade de Historia sobre este estilo artístico

A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este xoves unha presentación da revista Románico, “a única revista do mundo dedicada exclusiva e monograficamente a este tema”, segundo destacan os seus promotores, a Asociación Amigos do Románico.

O director da publicación, Augusto Guedes, foi o encargado de falar dela, da entidade que a edita pero tamén de transmitir ao alumnado e persoal docente e investigador presente “a paixón” por este estilo artístico e a importancia do asociacionismo como vía para a protección e valorización do patrimonio cultural.

Leer más...