Fai Historia con nós

Parabens aos novos graduados en Xeografía e Historia

Acto de Graduación da promoción do Grao en Xeografía e Historia 2012-2016.

Os estudantes de cuarto curso do Grao en Xeografía e Historia celebraron o venres 3 de xuño o seu acto de graduación, no que actuou como madriña a decana do centro, Susana Reboreda, mentras que o profesor Antonio Presedo foi o padriño da promoción (2012-2016).

Leer más...

Crosscult - Coñecemento de Europa a través da conexión dos seus bens culturais

A EE de Telecomunicación e a Facultade de Historia participan con outros dez socios no proxecto europeo.

Tras máis de dúas décadas investindo grandes cantidades de cartos na dixitalización de recursos culturais e educativos, hai algún uso para eses contidos máis aló de estar dispoñibles nos paneis informativos, pantallas interactivas ou sitios web dos museos e centros que os albergan? Un grupo de 11 socios de sete países europeos, no que se inclúen investigadores e investigadoras da área TIC, das ciencias sociais e as humanidades, pensan que si e por iso acordaron unir forzas para desenvolver o proxecto CrossCult. Esta iniciativa, que se aliña coa convocatoria europea Reflective-6 do programa H2020 da Unión Europea dirixida a favorecer a diseminar a cultura e a historia de cada país da UE por todos os demais, acadou unha subvención de máis de 3,5 millóns de euros e ten a súa orixe en 2014, nas conversacións entre investigadores do Luxembourg Institute of Science and Tecnology, LIST e as universidades de Vigo e do Peloponeso, que desde 2007 coincidían en congresos especializados na área da web semántica e os sistemas de información intelixente. CrossCult pretende, aproveitando precisamente a tecnoloxía da web semántica, fomentar a reutilización de todo o volume de contido dixital que xa existe, máis aló da área de influencia dun museo concreto, formando parte de narrativas diversas, construídas a partir do que cada individuo ou grupo poda considerar interesante ou relevante en cada momento.

Leer más...