Información para centros de Ensino Secundario

Guia do Grao

(pulsa para abrir)

A Facultade de Historia dispón dunha guía rápida sobre os estudos de Grao en Xeografía e Historia para informar aos centros de ensino secundario sobre os diferentes contidos da titulación:

  • Descrición xeral do título
  • Estrutura dos estudos
  • Prácticas externas
  • Traballo fin de grao
  • Visitas de estudos
  • Programas de mobilidade
  • Contactos de interese

 

Xornadas de orientación

A Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece a todos os centros educativos ou colectivos interesados unhas interesantes charlas/xogo de 1 hora tituladas “Eu son… ti queres ser?”, co obxectivo de achegar ao estudantado algúns exemplos de graduados/as en Xeografía e Historia que actualmente son emprendedores/as en sectores innovadores relacionados coas Humanidades.

Acompañando esta actividade ofrecemos a posibilidade de achegar unha exposición itinerante sobre as saídas profesionais do Grao en Xeografía e Historia. Consta dun cubo de 1×2 no cal se representan algúns exemplos destes/as graduados/as.

A cesión da exposición (entre 1 e 3 semanas) é de balde e inclúe transporte e montaxe.
orientación IES