Fai Historia con nós

Política e Obxectivos de Calidade


A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, ás necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveles de calidade nas súas titulacións, sen renunciar ós fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servicios e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e dos procesos a el vencellados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

ProcesosObxectivosIndicadoresMeta curso
2017-2018
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico 150 e 20
Ocupación da titulación 100% e 100%
Preferencia 100% e 100%
Adecuación 90% e 100%
Nota media de acceso do estudantado ás titulacións 6,5 e 6,5
DO
DO-0201 P1
Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación. Grao de satisfacción das persoas tituladas coa planificación e desenvolvemento da ensinanza 3,5 e 3,5
Grao de satisfacción do profesorado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza Non procede
Grao de satisfacción do alumnado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza 3,25 e 3,5
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudos -
Taxa de rendemento 72% e 68%
Taxa de abandono 20% e 10%
Taxa de eficiencia 94% e 85%
Taxa de gradación 45% e 50%
Taxa de éxito 90% e 95%
Tempo medio para atopar emprego -
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100% e 100%
Acreditación das titulacións - e 100%
PE
PE-01 P1
PE-02 P1
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI -
Resultados de investigación de carácter académico -
% de PAS en programas de formación 75%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas 3,5 e 3,5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras 4,5 e 4,5
Grao de satisfacción do profesorado Non procede
Grao de satisfacción do alumnado 3/5 e 3,5/5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade Non procede

Das dúas cifras que se indican a primeira corresponde ao Grao en Xeografía e Historia e a segunda ao Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural. No caso de haber unha soa, esta refírese ao grao.


Política e obxectivos de calidade (2017-2018)