Fai Historia con nós

Programa Docentia

O Programa de Apoio á Avaliación da Actividade Docente (DOCENTIA), pretende satisfacer as demandas das universidades e a necesidade do sistema educativo de dispoñer dun modelo e duns procedementos para garantir a calidade do profesorado universitario e favorecer o seu desenvolvemento e recoñecemento.

O obxectivo do Programa é apoiar as universidades no deseño e aplicación de procedementos propios de avaliación da docencia co fin de garantir a calidade docente do seu profesorado e favorecer o desenvolvemento e recoñecemento deste, mediante a súa avaliación externa por unha axencia.

O Programa DOCENTIA toma como referencia as recomendacións para a Garantía de Calidade nas institucións de Educación Superior elaboradas pola European Association for Quality Assurance in Higher Education (ENQA) no seu documento Criterios e Directrices para a Garantía de Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior. Entre os devanditos criterios e directrices destaca o 1.4., Garantía de Calidade do Persoal Docente, que establece que as institucións deben dotarse de medios para garantir que o seu persoal docente está cualificado e é competente para a docencia.


Informe Anual Docentia da Facultade de Historia - Curso 2014-2015



Enlaces de interese

Programa Docentia (Área de Calidade da Uvigo)
Presentación do Programa Docentia