Fai Historia con nós

Call for papers - VIII Xornadas de Mozos Investigadores

DATA LÍMITE / DEADLINE / SCADENZA: 31/10/2018
DATA CONGRESO / CONGRESS DÁCHE /DATA CONGRESSO: 20/11/2018
LUGAR / LOCATION / LUOGO: Facultade de Historia, Universidade de Vigo, Campus de Ourense (Ourense, Spain)
ORGANIZADOR / ORGANIZER / ORGANIZZATORE: Delegación de alumnado da Facultade de Historia (Universidade de Vigo)

INFO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Convidámosvos a participar na VIII edición das Xornadas de Mozos Investigadores da Universidade de Vigo. Organizadas pola Facultade de Historia e a Delegación de alumnado. Estas xornadas pretenden dar a oportunidade a mozos investigadores de diferentes disciplinas para participar no intercambio crítico de ideas e compartir as tendencias en investigación. Este ano decidiuse centrar a temática na Prehistoria e a Antigüidade, en concreto, acerca da vida cotiá nestes períodos. As presentacións abarcan por tanto un amplo espectro de temas, culturas e espazos xeográficos para os períodos propostos. As principais temáticas, aínda que se aceptarán achegas multidisciplinares e tamén de diversos enfoques historiográficos, centraranse na arte, a arqueoloxía, a xeografía e a historia.

Darase cabida deste xeito a investigacións na súa etapa inicial ou de desenvolvemento relacionadas principalmente con:

  1. A Historia da arte para as épocas propostas (e.g. pintura, mobiliario, artefactos, etc).
  2. Estudos de análises e/ou comparativos que versen sobre obxectos mobles e estruturas específicas para os períodos propostos.
  3. O estudo dos espazos domésticos e urbanos, tanto públicos como de ámbito privado.
  4. Evolución da paisaxe (tanto urbana como natural) para as devanditas épocas.
  5. Arqueoloxía de xénero e arqueoloxía doméstica.
  6. Culto relixioso en contextos domésticos.
  7. Culto funerario en contextos domésticos.
  8. Estudos historiográficos e/ou prosopográficos acerca da vida cotiá.

Admitiranse propostas doutras temáticas tamén, segundo a súa calidade. Así mesmo, os interesados/as deberán enviar un CV resumido, así como un resumo de 350 palabras (máximo) incluíndo título e palabras chave, antes da data límite.

Publicarase un programa despois da finalización da data límite, no cal se incluirán os relatorios dalgúns expertos, así como os estudos seleccionados. Devanditos estudos publicaranse posteriormente.