Fai Historia con nós

Presentación libro do profesor da Área de Historia Moderna Rubén Castro Redondo

Presentación e publicación do libro "Entre colmos, rebolas e dobres varas de medir. Conflitos por medidas na Galicia moderna (séculos XVI-XIX)", gañadora do XVII Premio de Investigación Ferro Couselo (2016) e da que é autor o profesor da Área de Historia Moderna da facultade, Rubén Castro Redondo.

A presentación será o vindeiro mércores día 8 de marzo ás 20.00h no auditorio de Valga (Pontevedra).