Fai Historia con nós

Convocatoria Erasmus+Prácticas para 2017/18

O 24 e abril foi publicada a convocatoria Erasmus + Prácticas para o vindeiro curso 17-18.
O primeiro prazo de solicitudes está aberto na actualidade ate o día 30 de xuño de 2017 para todos aqueles alumnos que cumpran os requisitos contidos na convocatoria.
Unha vez pechado o primeiro prazo de presentación de solicitudes abrirase un segundo prazo que pechará o 31 de outubro e de existir vacantes, abriranse os seguintes prazos previstos na convocatoria. .
Ofértanse un mínimo de 65 prazas para realizar unha estadía dun mínimo de 2 meses de duración.
As prácticas para o primeiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 1/09/2017 e o 31/08/2018.
A contía da bolsa Erasmus prácticas oscila entre 300€ e 400€ dependendo do país de destino e é compatible coas axudas que voluntariamente outorgue a empresa.
Podedes atopar máis información en :
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/uvigo/erasmus_practicas.html