Fai Historia con nós

Unhas xornadas afondarán na valorización da arte rupestre galaica

A cita será na Facultade de Historia os días 14 e 15 de decembro

“A extraordinaria abundancia e calidade da arte rupestre galaica suscita a necesidade de estudala, interpretala, conservala e divulgala como unha parte sobranceira da nosa memoria histórica e do noso patrimonio material”.

Con esta premisa, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT da Universidade de Vigo organiza os días 14 e 15 de decembro, na Facultade de Historia do campus de Ourense, o ciclo de conferencias No Limiar das Artes. Encrucillada de Tradicións Rupestres.


A idea de pór en marcha esta iniciativa, explican os seus promotores, Ladislao Castro e Beatriz Comendador, da Área de Prehistoria da Universidade de Vigo, xorde tendo en conta que “a arte rupestre galaica é un ben patrimonial de grande importancia e, pola súa orixinalidade, un sinal de identidade de primeira entidade no ámbito do noroeste”. A súa importancia estratéxica como recurso patrimonial, engaden, é especialmente interesante nas áreas interiores, onde se establece o encontro entre diferentes manifestacións de estilos artísticos rupestres, compartidos nunha área transfronteiriza. Tendo en conta esta relevancia, destacan como “o potencial da provincia de Ourense para as manifestacións de arte rupestre está aínda pouco estudado e valorado”.


Ler a noticia completa no DUVI