Fai Historia con nós

O campus logrou este curso a taxa de ocupación máis alta de toda Galicia

Todas as facultades completaron as prazas libres e algúns centros ampliaron matrícula

O campus de Ourense logrou este período lectivo os mellores datos de alumnado dos últimos tempos. Así, o nivel de ocupación dos primeiros cursos alcanzou o 101,7 %, unha porcentaxe que non só supera ao da Universidade de Vigo, que quedou no 99,1 %, senón que ademais foi o mellor de todos os campus da comunidade autónoma. En total, matriculáronse este curso na Universidade de Vigo 3.698 alumnos de novo ingreso, dos que case un milleiro escolleron algunha das facultades ou escolas do recinto académico provincial.

Así, ofertábanse 920 vacantes en dezasete graos, pero algúns deles tiveron que ampliar a súa matrícula ante a avalancha de demandas. É o caso da Facultade de Historia, que tiña 40 prazas para novos estudantes e finalmente recibiu a 53. Nesta situación víronse tamén outras facultades. Todas colgaron o carte de «completo», un dato inusual en cursos anteriores e que supón un logro importante.


Ler a noticia completa na Voz de Galicia