Comendador Rey

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Prehistoria
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Información de contacto

Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 21
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 141
beacomendador@uvigo.es

Breve CV

Beatriz Comendador Rey (Vilagarcía de Arousa, 1967), arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia (1997) pola USC. Accedeu a unha bolsa predoutoral da Xunta de Galicia, para realizar na USC o proxecto de tese: “Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la P. Ibérica”, que se enmarca na colaboración co proxecto de investigación “Programa Arqueometalurgia de la Península Ibérica. Tecnología y cambio cultural durante la Edad del Bronce (Nº PB92-0315)”. A tese foi defendida en 1997 e recibiu o premio extraordinario de doutoramento, sendo publicada como monografía da serie Brigantium, do Museo Arqueolóxico de A Coruña. Dende entón ten realizado unha actividade continuada de produción científica e difusión dos resultados. Entre 1998 e 2004 a vinculación coa investigación mantivose a través de contratos laborais de curta duración como arqueóloga e cinco bolsas de colaboración nos museos arqueolóxicos, así como un contrato de I+D co Concello de A Coruña (Persoal Laboral Grupo A). Entre 2005 e 2010, foi profesora asociada a tempo parcial, na Facultade de Historia do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, participando en diversas actuacións patrimoniais, de investigación e difusión, con diferentes empresas de arqueoloxía. Unha vez consolidada a praza a través do Plan Especial de Promoción da Universidade de Vigo, mediante oposición, accedeu á súa actual praza de profesora contratada doutora na área de Prehistoria da Universidade de Vigo (2010) e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT). Foi decana da Facultade de Historia de Ourense (2011-2014), vicedecana da mesma (2014-2017), coordinadora do Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo (2014-2017). Actualmente é co-coordinadora e docente no Mestrado Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC-UVIGO Incipit-CSIC) e membro da comisión do Programa interuniversitario de Doutoramento en Protección do Patrimonio (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela). É coordinadora do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial – EducAcción da Universidade de Vigo, e membro da rede COODTUR- Red Internac. Investigadores en Turismo, Cooperación y Desarrollo. Investigadora en diversos proxectos relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa difusión e socialización, como por exemplo o Proxecto Urdiñeira, San Vitor de Barxacova, Alto Támega, IDE-OU, ou o Proxecto ENARDAS. Actualmente é investigadora no proxecto “Corpos de Pedra” – Estelas e estátuas-menir do Alto Tâmega e Barroso (CORPE). Autora de diversas publicacións e de varios blogs de difusión ou de reflexión sobre a presenza da arqueoloxía e o pasado na sociedade actual, como Pasado Reciclado.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Xeografía e Historia

O02G251V01102 | Historia: Introdución á etnoloxía (coordinador/a)
O02G251V01504 | Prehistoria da Península Ibérica
O02G251V01913 | Prehistoria do noroeste da Península Ibérica

2º cuadrimestre

Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural

O02M143V03210 | Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural
O02M143V03215 | Educación patrimonial e innovación social

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT)

Liñas de investigación

  • Arqueoloxía Pública; Socialización do Patrimonio Cultural
  • Prehistoria Recente
  • Arqueometalurxia e Arqueoloxía Experimental