Fai Historia con nós

Traballo Fin de Grao

O TFG é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que se cursa no segundo cuadrimestre do Grao de Xeografía e Historia. Consiste na realización e defensa por parte dos e das estudantes dun traballo tutelado no que se apliquen e desenvolvan de forma integrada os contidos formativos e as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia da titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos realizados ou iniciados noutras materias da mesma.

O TFG poderá consistir nun traballo de carácter experimental, teórico, de investigación ou manexo de fontes históricas, producións artísticas, elementos cartográficos, etc., de revisión bibliográfica ou profundización temática, nun informe de traballo de campo ou nunha memoria de actividades (xestión cultural e patrimonial, museos, aplicacións tecnolóxicas,etc.) en campos relacionados coa Titulación.

MÁIS INFORMACIÓN

Para unha información máis detallada, o Coordinador do TFG na Facultade de Historia é o profesor:

Julio Prada Rodríguez
+34 988 387 288
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O TFG pode ser individual ou en equipo. Neste último suposto deberá presentarse unha proposta de envergadura suficiente que ademais permita discernir a parcela ou parcelas precisas da tarefa global da que se responsabiliza cadaquén. En todo caso, requirirá a autorización previa por parte da Comisión, a titorización e o tribunal serán os mesmos e a defensa e a avaliación serán individuais.

Cada estudante ten dereito ao recoñecemento da autoría do TFG elaborado e á protección da súa propiedade intelectual. A titularidade dos dereitos derivados pode compartirse coas persoas que exerceron a función titorial e coas entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación. A non ser que o estudante manifeste por escrito a súa oposición en escrito elevado á Comisión, un exemplar do TFG poderá ser depositado na Biblioteca do Campus de Ourense para a súa consulta de acordo coa normativa vixente.

O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo nos termos que establezan os convenios que lle sexan de aplicación. Neste caso deberán contar cunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa, que compartirá co titor/a académico/a as tarefas de dirección e orientación dos e das estudantes. En todo caso, é responsabilidade desta última persoa facilitar o proceso de xestión do TFG.


Traballo Fin de Grao - Curso 2017/2018


Defensa do TFG - Convocatoria Fin de Carreira
Defensa do TFG - Convocatoria xuño 2018
Defensa do TFG - Convocatoria xullo 2018
TFGs defendidos - Curso 2017/2018