Fai Historia con nós

Visitas de estudos

Visitas de Estudos 2017-2018


Ao longo do curso organízanse diversas saídas de estudos para o alumnado relaciondas cunha ou varias materias, que poden ser dun só día (en xeral coincidindo cos venres), ou ben viaxes máis longas, dependendo do destino.

Estas saídas teñen como obxectivo complementar a teoría exposta nas aulas e relaciónanse tanto ca temática da Historia, como da Historia da Arte e da Xeografía.

O transporte e, na medida do posible, os gastos derivados son subvencionados todos ou en parte pola Facultade.


A información sobre as visitas pode consultarse na seguinte táboa:

Visitas de Estudos - 1º cuadrimestre
Itinerario Data Destino Responsable
#Itinerario1 22/09/2017 Mondariz - Ponteareas -
#Itinerario2 29/09/2017 Beade Yolanda Barriocanal López
#Itinerario3 29/09/2017 A Veiga - C. de Moura - V. de Trevinca Elena de Uña Álvarez
#Itinerario4 06/10/2017 Serra do Xistral - Vilalba Beatriz Comendador Rey
#Itinerario5 20/10/2017 Baixo Miño Elena de Uña Álvarez
#Itinerario6 27/10/2017 Monforte de Lemos Yolanda Barriocanal López
#Itinerario7 27/10/2017 Santiago de Compostela Francisco Javier Pérez Rodríguez
#Itinerario8 03/11/2017 Lugo Susana Reboreda e Rosa Brañas
#Itinerario9 07/11/2017 Moreiras - Mugares (Toén) Angel Domínguez López
#Itinerario10 03/12/2017 Barcelona Carlos Sixirei

Viaxes de Estudos Arqueolóxicos


Outro tipo de saídas, de tipo extraacadémico e voluntario son as “Viaxes de Estudos Arqueolóxicos” realizadas cada ano, en torno á semana de Entroido e organizadas conxuntamente polo profesor de arqueoloxía, Fermín Pérez Losada, e a Delegación de Alumnado da Facultade. Son viaxes autoxestionadas a países relevantes dende o punto de vista histórico, con especial interese nos vestixios arqueolóxicos.