Visitas de Estudos 2019/2020

Ao longo do curso organízanse diversas saídas de estudos para o alumnado relaciondas cunha ou varias materias, que poden ser dun só día (en xeral coincidindo cos venres), ou ben viaxes máis longas, dependendo do destino.

Estas saídas teñen como obxectivo complementar a teoría exposta nas aulas e relaciónanse tanto ca temática da Historia, como da Historia da Arte e da Xeografía.

O transporte e, na medida do posible, os gastos derivados son subvencionados todos ou en parte pola Facultade.

 

A información sobre as visitas pode consultarse na seguinte táboa:

Visitas de estudos – 1º cuadrimestre

Data Destino Responsable
04/10/2019 A Derrasa-Cachamuiña-Outariz Elena de Uña Álvarez
11/10/2019 Parque Natural de Corrubedo Xosé Antón Díaz
08/11/2019 Santiago de Compostela Victoriano Nodar
15/11/2019 Lugo Adolfo Fernández
16/11/2019 Pseudokarst na ría de Aldán Elena de Uña Álvarez

 

Visitas de estudos – 2º cuadrimestre

Data Destino Responsable

 

Viaxes de Estudos Arqueolóxicos

Outro tipo de saídas, de tipo extraacadémico e voluntario son as “Viaxes de Estudos Arqueolóxicos” realizadas cada ano, en torno á semana do entroido e organizadas conxuntamente polo profesor de arqueoloxía, Fermín Pérez Losada, e a Delegación de Estudantes da facultade. Son viaxes autoxestionadas a países relevantes desde o punto de vista histórico, con especial interese nos vestixios arqueolóxicos.