A Facultade de Historia da Universidade de Vigo convoca a II Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con nós

Obxectivos

  • Promover o interese do estudantado de Educación Secundaria pola Historia.
  • Visibilizar a importancia do ensino e a aprendizaxe da Historia ao mesmo nivel que materias de outros ámbitos de coñecemento.
  • Destacar o aspecto lúdico da aprendizaxe da Historia e a posibilidade de empregar este sistema como elemento avaliador nas aulas de Ensino Secundario.
  • Estreitar as relacións entre os centros de Ensino Secundario galegos e a Universidade de Vigo.
  • Dar a coñecer a Facultade de Historia e o campus de Ourense entre o alumnado interesado no ámbito humanístico.
  • Fomentar a relevancia das disciplinas humanísticas para a comprensión do mundo actual e a súa mellora.

 

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o día 12 de abril de 2019 ás 14:00 horas.

A inscrición será realizada polo/a docente encargado/a a través deste formulario e esta autorización que serán remitidas por correo electrónico a sdefho@uvigo.es, indicando no asunto II Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con nós.

 

Memorias

II Olimpíada de Historia
I Olimpíada de Historia