Fai Historia con nós

Facultade de Historia

O coñecemento do noso pasado cultural permite aportar as ferramentas analíticas e conceptuais necesarias para acceder dun modo reflexivo e crítico ás produccións culturais do pasado, ademais de proporcionar os valores humanos, e principios éticos necesarios sobre os que se asenta a sociedade actual.

O carácter multidisciplinar e polivalente dos estudos (Historia, Arte e Xeografía) capacita para un amplo abanico de saídas profesionais ós seus egresados tan competitivos como os especializados nunha soa das disciplinas humanísticas, a pesares da cada vez maior flexibilidade do actual mercado laboral entre titulacións e postos de traballo. Os servizos educativos, os servizos da administración, os medios de comunicación, e un longo espectro de institucións e empresas, proporcionan un marco para o desenvolvemento de actividades relacionadas co perfil formativo do grao, preparando para unha gran variedade de actividades.

Ademais, a riqueza histórica, artística, arqueolóxica e natural proporciona unha estreita relación entre os estudos universitarios e o mercado laboral, abrindo unha nova vía de profesionalización ante a crecente consideración do legado cultural herdado como recurso dotado de valor económico ou productivo. A demanda e saídas profesionais no terreo da conservación, protección, xestión e difusión do patrimonio e o resto de actividades relacionadas co turismo cultural abren un amplo horizonte á saída profesional dos futuros graduados. As oportunidades ofrecidas pola constante expansión das actividades económicas relacionadas co patrimonio, a regulación da actividades arqueolóxica, a aplicación de normativas de ordenación do territorio e o turismo cultural xeneran una constante demanda de utilidade das nosas disciplinas.

Co obxetivo de dar resposta á demanda social de diferentes profesionais, e ós futuros graduados posibilitase unha continuación académica coherente coa posta en marcha do Mestrado oficial en “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais”, cun perfil investigador, seguindo os criterios e plantexamentos establecidos no Real Decreto 1993/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

A conformidade na calidade quedou consignada na última evaluación docente realizada pola ACSUG para o curso 2011-2012. Cabe salentar tamén a experiencia adquirida durante a posta en marcha dos programas piloto con sistemas de transferencia ECTS, nos que a Facultade de Historia foi pioneira.

Os datos da tasa de eficiencia do noso centro son favorables, achegándose o 100%. O que sen dúbida indican as tasas é a mellora continua, mostrando o grande interese do alumnado na consecución do título. Os procedimentos existentes no Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) do centro valorarán o progreso e os resultados.