Unha universidade para todas e todos

A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.

Recursos no portal da Universidade de Vigo

Igualdade na facultade

Na Facultade de Historia temos como obxectivo prioritario a implementación de accións que contribúan a que a igualdade sexa unha realidade entre a comunidade do centro, dun xeito especial entre mulleres e homes sen esquecer calquera tipo de diversidades.

Para lograr este obxectivo promovemos a información e a participación activa nos programas da Unidade de Igualdade desta universidade, así mesmo facilitamos as canles de comunicación para detectar problemas neses ámbitos.

 

Enlace de igualdade no centro

Beatriz Comendador Rey
+34 988 387 269
beacomendador@uvigo.es