Fai Historia con nós

Mobilidade con universidades estranxeiras - ERASMUS +

A mobilidade neste ámbito está centralizada na Oficina de Relacións Internacionais do Reitorado en Vigo.
+34 986 813 550 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


As cuestións académicas, relativas á nosa facultade, dependen da profesora Susana Reboreda Morillo.
+34 988 387 269 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Neste momento existen dous programas para realizar estudos no estranxeiro con recoñecemento oficial dos créditos cursados na universidade de destino:

A súa finalidade é a de facilitar a participación dos estudantes universitarios, principalmente de 2º ciclo, mestrado ou doutoramento, en programas con universidades de América Latina. As estadías poden ser dun cuadrimestre ou de todo un curso.

Neste caso a convocatoria e as prazas de destino son ofertadas de forma centralizada pola Universidade de Vigo e os estudantes acuden a ela dun xeito xenérico.

Máis Información

Permite realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensinanza superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.

Os requisitos xerais son os seguintes:

  • Modalidade A): Estar matriculado na Universidade en estudos oficiais. Ter superado polo menos o 50% dos créditos de que consta a titulación (excepto para o caso de Master e Doutoramento).
  • Modalidade B): Estar matriculado na Universidade no momento da solicitude. As prácticas poderían realizar unha vez que o alumno estea titulado, coas limitación indicadas na convocatoria.
  • Ter un nivel mínimo B1 do idioma no que se vaian a desenvolver as prácticas (Os alumnos que realizaron un período de mobilidade previo, poden estar exentos, dependendo do pais/idioma no que se desenvolvese a estadía previa. Existen máis exencións para a acreditación do idioma contidas na convocatoria). So se aceptan acreditacións linguísticas das recoñecidas pola CRUE. O centro de linguas realiza exames de certificación de nivel durante o mes de maio (En todos os campus da Uvigo os días: 18 de maio B1, 19 de maio B2). Máis información e matricula no Centro de Linguas.
  • Contar coa carta de aceptación asinada pola empresa (pode ser un laboratorio da Universidade europea) e por un titor de prácticas da Universidade, que pode ser un profesor do centro da elección do alumno ou no caso de prácticas curriculares o propio profesor responsable desa materia.

O primeiro prazo de solicitudes remata o 30 de xuño de 2016.

Máis Información