Referentes da antigüidade que visibilizan o papel da muller na historia

Estiveron organizadas desde a Facultade de Historia

A cita contou coas intervencións de Agnès Garcia, Rosa Cid, Ana Iriarte e Rosa Sanz

O Campus Remoto da UVigo acolleu este luns a celebración on-line das III Xornadas: Olladas á Antigüidade, organizadas pola profesora e decana da Facultade de Historia do campus de Ourense Susana Reboreda. A cita, que levou por título Mulleres con nome propio, permitiu ao máis de medio centenar de asistentes achegarse á historia de personaxes históricos concretos das catro grandes culturas da antigüidade (Próximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma) e ao mesmo tempo reflexionar sobre como se realiza esta ollada ao pasado desde unha perspectiva de xénero.

Ler a nova completa no DUVI