Fai Historia con nós

Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

O Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben, caracterización dos materiais do ben e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóse e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio có obxecto de protexelo.

Este programa tamén pretende dar resposta á actual demanda de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio cultural, agrupando todas as disciplinas posibles que participan ou contribúen á protección do patrimonio nun marco común de encontro, intercambio e colaboración na formación superior.

Descrición da titulación

  • Rama de coñecemento: Multidisciplinar
  • Réxime: Completo/Parcial
  • Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 10
  • Centros: Facultade de Historia, ETSI Minas
  • Linguas empregadas: Castelán, Galego, Ingles

Coordinador

  • Nome: Teresa Rivas Brea
  • Centro: Dpto. T06. ETSE Minas. Universidade de Vigo
  • Enderezo: ETSE Minas, Campus Lagoas 36310 Vigo
  • Teléfono: 986811922
  • Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Memoria do programa