Fai Historia con nós

Saídas profesionais

O grao en Xeografía e Historia ofrece unha visión multidisciplinar na que se inclúen coñecementos de Historia, Historia da Arte e Xeografía que capacitan para exercer as seguintes actividades profesionais:

Xestión do patrimonio histórico e cultural en organismos públicos e empresas privadas
Na actualidade o sector turístico é considerado estratéxico tanto a nivel local, provincial, como autonómico. Sen o coñecemento histórico, artístico e xeográfico resultaría impensable a oferta dos produtos neste contexto.


Organización e desenvolvemento de eventos culturais
Outro aspecto relacionado co anterior e que igualmente está moi vixente na actualidade é a organización de eventos culturais que conmemoren o celebren algún feito histórico e/ou cultural. Para realizar estas actividades débese coñecer con rigorosidade o fito que se quere resaltar, esta é a única vía que permitirá a organización de actividades que resalten e dean a coñecer esa singularidade de calquera ámbito xeográfico.


Xestión de institucións culturais (museos, galerías de arte, exposicións…)
Os contidos destas institucións so adquiren sentido se se coñece ou se sabe onde acudir para coñecer os obxectos que nelas se albergan.


Deseño de materiais e contidos para páxinas web culturais, aplicacións educativas
A formación nos tres ámbitos (Historia, Historia da Arte e Xeografía) permite seleccionar aqueles elementos de interese e propor a divulgación dos mesmos.


Asesoría a medios de comunicación
Todas as noticias que teñan que ver cos ámbitos do título, deben ser asesoradas por persoas con coñecemento dos mesmos, tamén resulta imprescindible este asesoramento nas novas canles de difusión da Historia: series, películas, novelas históricas, videoxogos...


Profesorado de Ensinanzas Secundarias
A formación plural e diversificada dos tres ámbitos (Historia, Historia da Arte e Xeografía) que ofrecemos no grao de Xeografía e Historia coincide coa temática esixida nas oposicións que se convocan para ensinanzas medias.


Planificación e xestión do desenvolvemento turístico
Na actualidade o sector turístico é considerado estratéxico tanto a nivel local, provincial, como autonómico. Sen o coñecemento histórico, artístico e xeográfico resultaría impensable a oferta dos produtos neste contexto.


Documentalista
Algunhas materias do grao en Xeografía e Historia conlevan a realización de prácticas nos arquivos, con documentos que abranguen diversas temáticas e distintas épocas e ámbitos xeográficos. Esta competencia permite aplicala a outras solicitudes como a busca de documentos de interese puntual a título privado (herdanzas, límites territoriais, árbores xenealóxicos).


Facultativos/as de arquivos, museos e bibliotecas
O coñecemento dos materiais que se albergan nestas institucións e o propio contido do título, permite, de ser necesario, un acceso doado á preparación das oposicións relativas a estas profesións.


Actividades arqueolóxicas
Na actualizade as actividades relacionadas coa arqueoloxía (prospección, catalogación, escavación...) non se inclúen dentro dunha profesión regulada. Diversas experiencias neste campo, que se ofertan na materia de Prácticas Externas, permiten un primeiro contacto.


Conservación, exposición e mercado de obras de arte
Os contidos no ámbito da Historia da Arte en diversas épocas e territorios, supoñen a adquisición dos coñecementos básicos que permiten enlazar cunha formación máis especializada neste ámbito.


Planificación e xestión territorial en institucións e empresas
Os coñecementos adquiridos no ámbito da xeografía en distintos territorios, así como determinadas técnicas empregadas nesta disciplina, son imprescindibles para establecer os parámetros de rendibilidade dos mesmos a nivel local, provincial e autonómico.