12º viaxe de estudos arqueolóxicos Turkiye 2022

Despois do parón da pandemia en 2021, e para superar o noso recurrente mono de viaxes arqueolóxicas, decidimos recuperalas novamente coa 12ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos Türkiye 2022.

Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO). A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes.

De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo`aventureiras´), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o mais low cost posible.

A viaxe será novamente a Turquía, país ao que voltaremos por 4ª vez, percorrendo nesta ocasión as rexións do sur e do leste (chegaremos mesmo á fronteira con Siria!!), visitando sitios tan interesantes e novedosos como o prehistórico de Göbekli Tepe, o asirio do Karum de Kanish, ou a cidade helenístico-romana de Antioquía.