Dúas novas promocións de Dereito e Historia rematan a súa formación no campus

O campus de Ourense acolleu o venres o acto de graduación do estudantado de último curso das facultades de Dereito e Historia. 49 estudantes do primeiro centro e 16 do segundo celebraron, acompañados de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria o remate dos seus estudos e o inicio dunha nova etapa profesional e persoal..

O acto de graduación de Historia tivo lugar na sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro. A VI promoción do Grao en Xeografía e Historia, formada por 16 egresados e egresadas, foi apadriñada pola profesora Beatriz Vaquero e o catedrático Jesús de Juana. Ás e aos homenaxeados, Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, salientoulle como “a partir de agora tendes que decidir o seguinte paso, que sempre debe estar acompañado da continuidade da vosa formación. É evidente que este título non vos outorga todo o coñecemento na xeografía, na historia da arte e na historia, pero si que vos concedeu a posibilidade de saber onde buscar con rigor os coñecementos que precisedes”. Aos novos egresados e egresadas, a profesora recalcoulles como” “nunca esquezades o voso perfil humanista. Estou convencida de que esta sociedade precisa dos nosos coñecementos e que tendes capacidades para desenvolver neste ámbito moito máis alá do que imaxinades”.

Ler a noticia completa no DUVI