Unha exposición e unha charla pechan no campus o proxecto arqueolóxico de Santomé

Na escavación participou alumnado da Facultade de Historia

Gonzalo Buceta e Eduardo Breogán Nieto, restaurador e director da intervención respectivamente
Gonzalo Buceta e Eduardo Breogán Nieto, restaurador e director da intervención respectivamente

Despois de varios de meses de desenvolvemento, o proxecto de intervención arqueolóxica de Santomé, en Ourense, chegou ao seu remate e fíxoo escollendo o campus como escenario de peche coa inauguración este mércores dunha exposición fotográfica e a celebración dunha charla de balance.

Ata o día 20 de decembro pódese ver no cuarto andar do Edificio de Ferro unha mostra fotográfica que plasma a evolución dos traballos desenvolvidos e diferentes facianas deles, desde a tecnoloxía á participación veciñal. “Na selección de fotos quixemos reflectir un pouco de todo, o espazo natural do xacemento, a colaboración dos veciños, as novas tecnoloxías empregadas na intervención, o proceso de escavación e de documentación, o esforzo colectivo do equipo…”, explica Eduardo Breogán Nieto, arqueólogo director da intervención. As imaxes contan con diferente autoría, sendo realizadas por fotógrafos, membros do proxecto e persoas que participaron nun certame desenvolvido no marco da iniciativa.

Ler a noticia completa no DUVI