A Facultade de Historia da Universidade de Vigo convoca a IV Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con nós

Obxectivos
- Promover o interese do estudantado de Educación Secundaria pola Historia.
- Visibilizar a importancia do ensino e a aprendizaxe da Historia ao mesmo nivel que materias de outros ámbitos de coñecemento.
- Destacar o aspecto lúdico da aprendizaxe da Historia e a posibilidade de empregar este sistema como elemento avaliador nas aulas de Ensino Secundario.
- Estreitar as relacións entre os centros de Ensino Secundario galegos e a Universidade de Vigo.
- Dar a coñecer a Facultade de Historia e o campus de Ourense entre o alumnado interesado no ámbito humanístico.
- Fomentar a relevancia das disciplinas humanísticas para a comprensión do mundo actual e a súa mellora.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o día 23 de abril de 2021 ás 14.00h.
A inscrición será realizada polo/a docente encargado/a a través deste formulario e esta autorización que serán remitidas por correo electrónico a sdefho@uvigo.es, indicando no asunto II Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con nós.