Visitas de Estudos 2021/2022

Ao longo do curso organízanse diversas saídas de estudos para o alumnado relaciondas cunha ou varias materias, que poden ser dun só día (en xeral coincidindo cos venres), ou ben viaxes máis longas, dependendo do destino.

Estas saídas teñen como obxectivo complementar a teoría exposta nas aulas e relaciónanse tanto ca temática da Historia, como da Historia da Arte e da Xeografía.

O transporte e, na medida do posible, os gastos derivados son subvencionados todos ou en parte pola Facultade.

 

Visitas de estudos – 1º cuadrimestre

Data Materia Responsable Destino Curso
25/09/2021 Fundamentos de xeografía física/Espazos e sociedades Elena de Uña Álvarez Quiroga 1º/2º/3º
08/10/2021 Xeografía aplicada: territorio e paisaxe Xosé Antón Díaz Fernández Viana do Castelo – Braga
15/10/2021 Xeografía aplicada: territorio e paisaxe Xosé Antón Díaz Fernández Parque Natural Corrubedo
29/10/2021 Historia da arte moderno Yolanda Barriocanal López Monforte de Lemos
05/11/2021 Historia da arte de Galicia Yolanda Barriocanal López Beade
26/11/2021 Prehistoria P.I. e Prehistoria NW da P.I. Beatriz Comendador Tourón/Museo Pontevedra 3º e 4º
3-8/12/2021 Prehistoria P.I. e Prehistoria NW da P.I. Xosé Ramón Campos Sevilla, Huelva, La Rábida 1º e 4º

 

Visitas de estudos – 2º cuadrimestre

Data Materia Responsable Destino Curso
25/02/2022 Historia da arte medieval Yolanda Barriocanal Bande – Celanova
23/04/2022 Sistema de representación xeográfica Mª Luz Rodríguez Mondoñedo e arredores

 

Viaxes de Estudos Arqueolóxicos

Outro tipo de saídas, de tipo extraacadémico e voluntario son as “Viaxes de Estudos Arqueolóxicos” realizadas cada ano, en torno á semana do entroido e organizadas conxuntamente polo profesor de arqueoloxía, Fermín Pérez Losada, e a Delegación de Estudantes da facultade. Son viaxes autoxestionadas a países relevantes desde o punto de vista histórico, con especial interese nos vestixios arqueolóxicos.