No Antigo Exipto, o período amarniense, situado aproximadamente entre os anos 1550-1069 antes de Cristo, implicou, segundo explica a exiptóloga Iria Souto, cambios profundos na arte, na diplomacia, na política e sobre todo na relixión. Segundo algúns autores, detalla, a relixión persoal tería xurdido como reacción a este período na última etapa no Reino Novo, no período coñecido como Ramésida. Porén, na súa tese, a investigadora desbota esta hipótese e demostra que se “dá continuidade nas prácticas relixiosas antes da etapa amarniense e posteriormente”, amosando “exemplos de piedade persoal en contextos domésticos preservados, con certeza dende o Reino Medio, e noutros contextos dende fins do Reino Antigo”.
Unha tese demostra a continuidade das prácticas relixiosas persoais durante o período amarniense do Antigo Exipto
Desbota a idea de que esta relixión tería xurdido durante a última etapa do Reino Novo