«I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio» teñen como obxectivo fundamental reunir a diferentes especialistas no tema do patrimonio, dende os tódolos eidos da ciencia arqueolóxica.
En todos eles tratarase a situación das mulleres nestes campos, os problemas aos que se enfrontan e tamén as perspectivas de futuro.
As sedes oficiais das xornadas serán o día 25 de setembro no Consello da Cultura Galega, e o día 26 no Museo das Peregrinacións e de Santiago.