VI XORNADA Olladas á antigüidade A pobreza e a muller na antigüidade

VI XORNADA Olladas á antigüidade

Inscrición: isouto@uvigo.gal

Campus Remoto Contrasinal alumnado: 4Y5w4E5t

 

VI Xornada: Olladas á antigüidade. A pobreza e a muller na antigüidade

Esta xornada pretende dar a coñecer os estudos actuais acerca da posición da muller en situacións de pobreza no mundo antigo levados a cabo por investigadoras e investigadores de prestixio, de cara ao estudantado, ao mundo académico, e ao público xeral. A través das poñencias de 4 expertas e expertos no tema, o alumnado terá a oportunidade de facer cuestións relativas ás presentacións das principais culturas da historia antiga: Próximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma. A continuación realizarase unha mesa redonda coas catro conferenciantes e coa participación do público.

A xornada estará dirixida ao estudantado do grao en Xeografía e Historia, especialmente dos cursos 2o e 3o do grao en Xeografía e Historia, e dos cursos 2o e 3o do PCEO en Turismo e Xeografía e Historia, así coma á comunidade universitaria e a sociedade, en xeral.

Estas xornadas están financiadas no marco das actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo. Así mesmo, están incluídas, a nivel de contidos, no marco do proxecto I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación: Vulnerabilidade Intrafamiliar e Política no Mundo Antigo [PID 2020-116349GB-100/AEI/10.13039/501100011033]

Así mesmo, a actuación de Iria Souto Castro financiada polo Ministerio de Universidades con cargo á aplicación 33.50.460A.752 e pola Unión Europea NextGenerationEU/PRTR mediante un contrato Margarita Salas da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Aproximarnos ao concepto de pobreza no mundo antigo: que se consideraba pobreza e as situacións de vulnerabilidade derivadas.
  2. Describir, analizar e interpretar a través das fontes antigas diferentes situacións de mulleres que experimentaban a pobreza e a vulnerabilidade consecuente.
  3. Revisar o debate existente en torno á pobreza feminina no mundo antigo e establecer paralelismos coa pobreza das mulleres na actualidade.
  4. Involucrar ás estudantes e aos estudantes e facelos partícipes da importancia destes estudos non só para reconstruír e achegarnos ao pasado, senón para reflexionar sobre situación actuais e construír un mellor futuro.
  5. Fortalecer os vínculos nos estudos de xénero no mundo antigo que están proliferando na actualidade.

Programa

9.30 h Apertura e entrega da documentación
10.00-10.40 h Retrato de las más vulnerables: niñas en contextos de crisis en el Próximo Oriente antiguo

Daniel Justel Vicente. Profesor Axudante Doutor, Universidade de Alcalá de Henares.

10.40-11.20 h La viuda en los Textos Sapienciales
Núria Castellano i Solé. Profesora asociada da Universidade de Barcelona/membro do proxecto da Universidade de Barcelona en Oxirrinco.

11.20-11.50 h Descanso

11.50-12.30 h Prisioneras del estatus. Aristocracia, servidumbre y probreza en la Antigua Grecia
María Vanesa Mariño Calvo. Doutora en Xeografía, Historia, e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.

12.30-13.10 h Mujeres y pobreza en la Antigua Roma, ¿una cuestión de género o de clase? Helena López Gómez. Contratada Juan de la Cierva pola Universidade de Vigo.

13.10-14.30 h Debate