O TFG debe ser un traballo persoal no que o estudantado constrúa un discurso propio. Cando se empreguen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa procedencia
O TFG é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que se cursa no segundo cuadrimestre do Grao de Xeografía e Historia. Consiste na realización e defensa por parte do estudantado dun traballo tutelado no que se apliquen e desenvolvan de forma integrada os contidos formativos e as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade nalgunha materia da titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos realizados ou iniciados noutras materias da mesma.
O TFG poderá consistir nun traballo de carácter experimental, teórico, de investigación ou manexo de fontes históricas, producións artísticas, elementos cartográficos, etc., de revisión bibliográfica ou profundización temática, nun informe de traballo de campo ou nunha memoria de actividades (xestión cultural e patrimonial, museos, aplicacións tecnolóxicas,etc.) en campos relacionados coa titulación.
NORMATIVA DO TFG
Facultade de Historia | Universidade de Vigo
Comisión do Traballo Fin de Grao
- Susana Reboreda Morillo – Decana
- Julio Prada Rodríguez – Coordinador do TFG
- Antonio Presedo Garazo – PDI (Secretario)
- Mireya Ferreiro Calvo – Estudantado
- Josefa Rodríguez Bouzas – PAS
Traballo Fin de Grao – Curso 2020/2021
Calendario do TFG
Calendario de asignación do TFG
Proceso | Data |
---|---|
Sesión informativa (estudantado de 4º de grao) | 2ª quincena de setembro de 2020 |
Oferta de TFG polo profesorado titor | Do 1 ao 15 de outubro de 2020 |
Solicitudes do estudantado non ofertadas | Do 16 ao 31 de outubro de 2020 |
Publicación das asignacións provisorias | Do 1 ao 15 de novembro de 2020 |
Recurso de apelación contra as asignacións | Do 16 ao 22 de novembro de 2020 |
Publicación das asignacións definitivas | Do 22 de novembro ao 5 de decembro de 2020 Asignación definitiva |
Calendario de defensa do TFG
Convocatoria | Solicitude defensa | Límite depósito | Defensa |
---|---|---|---|
1º Prazo (novembro) |
do 04/11/2020 ao 13/11/2020 | ata o 13/11/2020 | do 18/11/2020 ao 20/11/2020 Horario e tribunais |
2º Prazo (xuño) |
do 09/06/2021 ao 18/06/2021 | ata o 18/06/2021 | do 23/06/2021 ao 25/06/2021 Horario e tribunais |
3º Prazo (xullo) |
do 06/07/2021 ao 15/07/2021 | ata o 15/07/2021 | do 20/07/2021 ao 22/07/2021 Horario e tribunais |
4º Prazo (setembro) |
do 01/09/2021 ao 09/09/2021 | ata o 09/09/2021 | do 13/09/2021 ao 15/09/2021 Horario e tribunais |
Coordinación
Julio Prada Rodríguez
+34 988 387 288
jprada@uvigo.es
Cursos anteriores
TFG ofertados polo persoal titor:
2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014
Asignación do TFG:
2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014
TFG defendidos:
2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015