Facultade de Historia
A Facultade de Historia de Ourense é un espazo aberto á aprendizaxe, á investigación e á innovación. Situada no campus norte, combina o compromiso coa calidade docente e o rigor científico cunha forte conexión coa realidade social e cultural do país.
O Grao en Xeografía e Historia e o PCEO Turismo–Xeografía e Historia ofrecen unha formación sólida e versátil. Preparan profesionais capaces de traballar en múltiples ámbitos como a docencia, o patrimonio e a xestión cultural, o turismo sostible, a planificación territorial, a investigación ou a comunicación do coñecemento histórico.
Formarse connosco é apostar por unha carreira con proxección, que combina o estudo do pasado coa comprensión dos retos do presente. Porque facer historia con nós tamén é construír futuro.
