O principal obxectivo das accións de calidade é o mantemento e mellora dunha serie de criterios asociados aos procesos formativos que velan polo bo funcionamento de todos os aspectos relacionados co ámbito académico

O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Facultade de Historia (FdH) debe garantir a calidade de todas as titulacións de grao e posgrao que se imparten neste centro, atendendo á revisión e mellora dos programas formativos vencellados a ditas titulacións, cuxa elaboración se fai tendo en conta os diversos grupos de interese que participan na vida académica. Polo tanto, a actualización constante do SGC da FdH se contempla como un obxectivo imprescindible, do mesmo xeito que o seu diálogo permanente con ditos grupos, coa finalidade de atender e satisfacer as diversas demandas e necesidades. Para o seu deseño e elaboración, contaron co asesoramento da Área de Calidade da UVigo e a súa adaptación ás necesidades específicas da Facultade de Historia correu a cargo da Comisión de Garantía Interna de Calidade (CGIC) da facultade, cumprindo cós requisitios propostos pola ANECA.

Conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do noso centro o 26/04/2010.

Posteriormente, con data 28/07/2017, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC, e con data 04/04/2024 o informe de renovación da certificación de implantación do SGC.

A documentación básica do SGC da Facultade de Historia está constituída polos seguintes documentos:

 

Seguimento do SGC do centro