Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben, caracterización dos materiais do ben e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnose e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo.

Este programa tamén pretende dar resposta á actual demanda de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio cultural, agrupando todas as disciplinas posibles que participan ou contribúen á protección do patrimonio nun marco común de encontro, intercambio e colaboración na formación superior.

Memoria do título

 

Páxina web do título

Coordinación

Beatriz Comendador Rey
+34 988 387 141
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Información administrativa

Área de Estudos de Posgrao
+34 986 812 102
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.