A Facultade de Historia participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)

A Facultade de Historia presenta unha ampla oferta de estadías tanto nacionais como internacionais que o estudantado pode desfrutar ou ben un semestre ou durante todo o curso. A listaxe de destinos non está pechada e pódese, con anterioridade dun ano, tentar asinar un novo convenio. En todas as estadías o/a estudante asegúrase, mediante un contrato de estudos, o recoñecemento dos estudos cursados fóra por materias co mesmo número de créditos na Universidade de orixe. As estadías de grao poden solicitarse desde 1º ata 3º curso; as de mestrado solo mentres se está realizando.

Coa fin de promover esta mobilidade, a Oficina de Relacións Internacionais organiza sesións informativas na Facultade nas que explica as cuestións administrativas. Da coordinadora de Relacións Exteriores dependen todos os asuntos académicos, asesorando ao estudantado interesado.

Unha vez seleccionado, no caso de estadías en países estranxeiros, a ORI facilítalles un dossier que inclúe unha ampla guía informativa que aborda aspectos fundamentais: a viaxe, o posible visado, a asistencia sanitaria, as axudas económicas, os cursos para a preparación lingüística, o contrato de estudos, a matrícula e o recoñecemento de créditos.

Durante a estadía na universidade de destino a coordinadora realiza un seguimento do estudantado e das actividades desenvoltas por eles, en contacto permanente, especialmente vía mail, e tenta resolver todas as dúbidas que xurdan, remitíndoas a ORI no caso que o considere preciso.

 

 

Normativa específica

Oferta de prazas

Listaxes de seleccionados/as

 

Cursos anteriores

Listaxes de seleccionados/as ERASMUS+
2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022

Listaxes de seleccionados/as SICUE
2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022

 

Coordinación da mobilidade

Antonio Presedo Garazo
+34 988 387 115
antonio.presedo@uvigo.es