As prácticas externas curriculares están orientadas a completar e reforzar as competencias asociadas ao título. Realizaranse nunha contorna laboral e profesional real relacionada con algún ámbito da Historia, da Xeografía ou da Historia da Arte, baixo a supervisión dun titor na entidade colaboradora e un titor académico na facultade.
Estas desenvolveranse en 4º curso do Grao. Non obstante, pódense pedir e realizar xa en 3º curso de Grao e solicitar no vindeiro curso a validación.
A oferta de centros de prácticas, que poñen á disposición do estudantado do Grao en Xeografía e Historia as súas instalacións na actualidade é a seguinte:
Asociacións culturais
Colexios
- Colexio Concepción Arenal
- Colexio Guillelme Brown
- Colexio La Purísima de Ourense
- Colexio Salesianos de Ourense
Administracións
- Concello de Allariz
- Concello de Baños de Molgas
- Concello de Celanova
- Concello de Ourense
- Concello de Parada de Sil
- Concello de Ponteareas
- Concello de Tomiño
- Concello de Vigo (Museo de cidade “Quiñones de León”)
- Concello de Vilar de Santos (Museo Etnográfico)
- Deputación Provincial de Ourense
Empresas
Fundacións
- Fundación Aquae Querquennae Via Nova
- Fundación Coren
- Fundación Curros Enríquez
- Fundación Otero Pedrayo
- Fundación Penzol
Acordos internos
Xunta de Galicia
- Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Ourense
Museos
- Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Museo das Peregrinacións e de Santiago
- Museo de Belas Artes da Coruña
- Museo do Castro de Viladonga
- Museo do Mar de Galicia
- Museo Etnolóxico de Ribadavia
- Museo Massó
- Museo Pedagóxico de Galicia
Parques arqueolóxicos
- Parque arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
- Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica
Arquivos
- Arquivo de Galicia
- Arquivo Histórico Provincial de Lugo
- Arquivo Histórico Provincial de Ourense
- Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
- Arquivo do Reino de Galicia
- Arquivo central da Consellería de Cultura, Ed. e O.U.
- Arquivo territorial da Xunta de Galicia en Lugo
- Arquivo territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
- Arquivo territorial da Xunta de Galicia en Vigo
Bibliotecas
Real Decreto do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario
Regulamento de Prácticas Externas da UVigo
Instrucións para o desenvolvemento das prácticas académicas externas curriculares na UVigo
Regulamento de Prácticas Externas da Facultade de Historia
Cadro cos principais aspectos de realización das prácticas
| Horas |
240 horas presenciais:
|
| 60 horas de preparación de prácticas, titorías e elaboración de informes, etc. | |
| Requisitos do alumnado | Ter superado o 50% dos créditos ECTS da titulación. |
| Estar matriculado na materia “Prácticas” de 4º curso do Grao. | |
| Ter abonado o seguro escolar (os maiores de 26 anos o seguro Cum Laude). | |
| Non manter ningunha relación contractual coa entidade colaboradora. | |
| Documentación a entregar polos titores da entidade colaboradora |
Despois das prácticas: Informe final de prácticas (entregar ao titor académico) |
| Documentación a entregar polo alumnado |
Antes das prácticas: Ficha de solicitude de prácticas (entregar na secretaría do decanato) |
| Despois das prácticas: Informe e memoria de prácticas (entregar aos titores académicos) |
|
| Documentación a entregar polos titores académicos |
Antes das prácticas: Programa formativo específico para cada estudante (entregar á Comisión de Prácticas, á entidade colaboradora e ao estudante) |
|
Despois das prácticas:
(entregar á Comisión de Prácticas) |
Composición
(Renovada en Xunta de Facultade o 13/12/2024)
| Cargo | Nome |
|---|---|
| Presidencia | Prada Rodríguez, Julio |
| Coordinación das prácticas | Rodríguez Teijeiro, Domingo |
| Representación do PDI (secretario) | Campos Álvarez, Xosé Ramón |
| Representación do PTXAS | Castro Vázquez, María del Carmen |
| Representación do estudantado | Lozano Ramírez, A. Tierra |
Funcións
Elaboración da normativa de prácticas, planifica as prácticas, establece os criterios de adxudicación en caso de concorrencia, aproba propostas de novos convenios.
Coordinación
Domingo Rodríguez Teijeiro
+34 988 387 136