O mestrado que se propón ten como obxectivo que o alumnado sexa capaz de seleccionar e utilizar as ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, execución e control de proxectos de valoración, xestión e/ou difusión no Patrimonio cultural. Trátase dun máster de carácter mixto investigador/profesionalizante, no que para a adquisición de competencias empregarase unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados, etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que van necesitar os futuros egresados para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.
De entre todas as características do máster, quizáis a conxugación de sinerxías procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.
Páxina web do título Datos xerais do título
Coordinación
Fermín Pérez Losada
Facultade de Historia
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909