Goberno da facultade
A Facultade de Historia actúa para o cumprimento dos seus fins a través dos seus órganos de goberno colexiados e unipersoais.
Son órganos de goberno colexiados a Xunta de Facultade e as súas comisións delegadas. Son órganos de goberno unipersoais a Decana ou Decano, a Secretaria ou Secretario, e as Vicedecanas ou Vicedecanos.