O Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade ten unha dobre orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos e arqueólogas que poidan desenvolver a súa labor profesional neste campo nos vindeiros anos; na segunda, dá paso ao programa de doutoramento da USC “Historia, Xeografía e Arte” ou ben ao programa de “Protección do Patrimonio cultural” da UVigo.
O mestrado é interuniversitario (USC, UDC e UVigo) e conta coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.
Páxina web do título Datos xerais do título
Coordinación
Susana Reboreda Morillo
Facultade de Historia
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909