Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O obxectivo deste programa é proporcionar unha formación integral en relación ao coñecemento e competencias de Patrimonio Cultural, agrupando os coñecementos de Historia, Xeografía e Historia da Arte xunto coa xestión empresarial e co aproveitamento turístico.

Esta formación correspóndese coa necesidade de especialistas dunha profesión para a que non existe unha oferta formativa tan completa en Galicia: xestor/a de patrimonio cultural.

Normativa do PCEO Turismo-Xeografía e Historia

 

Nivel académico

Grao

Rama de coñecemento

Arte e Humanidades

Tipo e modalidade de ensino

Oficial (adaptada ao EEES). Presencial

Número de prazas ofertadas

10 prazas

Lingua de impartición

Castelán, Galego

Cronograma de implantación

No curso académico 2017/2018 implántanse 1º curso e, anualmente, nos seguintes cursos académicos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, polo que a implantación completa conclúe no curso 2022/2023.

Número de créditos ECTS

363 créditos totais:

  • 108 ECTS Formación básica: 60 Turismo + 48 X. e H.
  • 282 ECTS Obrigatorios: 144 Turismo + 138 X. e H.
  • 24 ECTS Prácticas: 12 Turismo + 12 X. e H.
  • 24 ECTS Traballo Fin de Grao: 12 Turismo + 12 X. e H.

Número mínimo de ECTS de matrícula

As/os estudantes deberanse matricular a tempo completo e superar polo menos 60 créditos nos tres primeiros cursos do programa.

Duración do programa

6 cursos – 11 cuadrimestres

Datas de verificación, publicación, modificación Plan de Estudos e aprobación do título

Aprobación polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo: 20/03/2017
Memoria do PCEO en Turismo e Xeografía e Historia.

Centros nos que se imparte

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus de Ourense)
Facultade de Historia (Campus de Ourense)