Información para centros de Ensino Secundario
A Facultade de Historia dispón dunha guía rápida sobre os estudos de Grao en Xeografía e Historia para informar aos centros de Ensino Secundario sobre os diferentes contidos da titulación:
- Descrición xeral do título
- Estrutura dos estudos
- Prácticas externas
- Traballo fin de grao
- Saídas de estudos
- Programas de mobilidade
- Contactos de interese
Xornadas de orientación
A Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece a todos os centros educativos ou colectivos interesados unhas interesantes charlas/xogo de 1 hora tituladas “Eu son… ti queres ser?”, co obxectivo de achegar ao estudantado algúns exemplos de graduados/as en Xeografía e Historia que actualmente son emprendedores/as en sectores innovadores relacionados coas Humanidades.