Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O TFG debe ser un traballo persoal no que o estudantado constrúa un discurso propio. Cando se empreguen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explícitamente a súa procedencia.

O TFG é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que se cursa no segundo cuadrimestre do Grao en Xeografía e Historia. Consiste na realización e defensa por parte do estudantado dun traballo tutelado no que se apliquen e desenvolvan de forma integrada os contidos formativos e as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade nalgunha materia da titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos realizados ou iniciados noutras materias da mesma.

O TFG poderá consistir nun traballo de carácter experimental, teórico, de investigación ou manexo de fontes históricas, producións artísticas, elementos cartográficos, etc., de revisión bibliográfica ou afondamento temático, nun informe de traballo de campo ou nunha memoria de actividades (xestión cultural e patrimonial, museos, aplicacións tecnolóxicas, etc.) en campos relacionados coa titulación.

NORMATIVA DO TFG

Facultade de Historia | Universidade de Vigo

FORMULARIOS PARA O PROFESORADO

Oferta de TFGs polo profesorado | Convocatoria pública de defensa do TFG | Impreso de solicitude e comunicación de defensa do TFG: (Xeografía e Historia | PCEO) | Acta de avaliación individualizada do TFG | Acta de revisión da cualificación | Compromiso de confidencialidade dos membros do tribunal

FORMULARIOS PARA O ALUMNADO

Cambio de título do TFG ou titor | Portada do TFG | Solicitude de confidencialidade do TFG | Desclasificación de confidencialidade

 

Calendario do TFG

Calendario do TFG 2025/2026
Calendario do TFG 2026/2027

Coordinación

Julio Prada Rodríguez
+34 988 387 288
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.