O TFG debe ser un traballo persoal no que o estudantado constrúa un discurso propio. Cando se empreguen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa procedencia

O TFG é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que se cursa no segundo cuadrimestre do Grao en Xeografía e Historia. Consiste na realización e defensa por parte do estudantado dun traballo tutelado no que se apliquen e desenvolvan de forma integrada os contidos formativos e as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade nalgunha materia da titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos realizados ou iniciados noutras materias da mesma.

O TFG poderá consistir nun traballo de carácter experimental, teórico, de investigación ou manexo de fontes históricas, producións artísticas, elementos cartográficos, etc., de revisión bibliográfica ou profundización temática, nun informe de traballo de campo ou nunha memoria de actividades (xestión cultural e patrimonial, museos, aplicacións tecnolóxicas,etc.) en campos relacionados coa titulación.

NORMATIVA DO TFG

Facultade de Historia | Universidade de Vigo

FORMULARIOS PARA O PROFESORADO

Oferta de TFGs polo profesorado

FORMULARIOS PARA O ALUMNADO

Proposta de TFGs polo alumnado | Recurso de non aceptación de TFG ou titor | Cambio de título do TFG ou titor | Acta de depósito do TFG | Portada do TFG

FORMULARIOS PARA O TRIBUNAL AVALIADOR

Convocatoria pública de defensa do TFG | Acta de cualificación provisional do TFG | Acta de cualificación definitiva do TFG | Acta de avaliación individualizada do TFG

 

Comisión do Traballo Fin de Grao

  • Prada Rodríguez, Julio – Decano
  • Prada Rodríguez, Julio – Coordinador do TFG
  • Presedo Garazo, Antonio – PDI (Secretario)
  • Reboreda Morillo, Susana – PDI (por delegación do decano)
  • González Jorge, David – Estudantado
  • Rodríguez Bouzas, Josefa – PAS

 

Calendario do TFG

Calendario do TFG 2022/2023

Calendario de asignación do TFG

Proceso Data
Sesión informativa (estudantado de 4º de grao) 1ª quincena de setembro de 2022
Oferta de TFG polo profesorado titor Do 16 ao 25 de setembro de 2022
Presentación das solicitudes de asignación de liña e titor/a Do 26 ao 30 de setembro de 2022
Publicación das asignacións provisorias Do 1 ao 9 de outubro de 2022
Recurso de apelación contra as asignacións Do 10 ao 15 de outubro de 2022
Publicación das asignacións definitivas Do 16 ao 25 de outubro de 2022
Asignación definitiva

 

Calendario de defensa do TFG

Convocatoria Solicitude defensa Límite depósito Defensa
1º Prazo
(novembro)
do 02/11/2022 ao 10/11/2022 ata o 10/11/2022 do 16/11/2022 ao 18/11/2022
2º Prazo
(febreiro)
do 13/02/2023 ao 17/02/2023 ata o 17/02/2023 do 22/02/2023 ao 24/02/2023
3º Prazo
(xuño)
do 05/06/2023 ao 14/06/2023 ata o 14/06/2023 do 19/06/2023 ao 21/06/2023
4º Prazo
(xullo)
do 05/07/2023 ao 14/07/2023 ata o 14/07/2023 do 19/07/2023 ao 21/07/2023
5º Prazo
(setembro)
do 01/09/2023 ao 08/09/2023 ata o 08/09/2023 do 13/09/2023 ao 15/09/2023

 

Coordinación

Julio Prada Rodríguez
+34 988 387 288
jprada@uvigo.es

 

Cursos anteriores

TFG ofertados polo persoal titor:
2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014

Asignación do TFG:
2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014

TFG defendidos:
2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015