Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder ás ensinanzas universitarias os seguintes grupos:

  1. Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
  2. Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
  3. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
  4. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
  5. Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
  6. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas universidades.
  7. Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
  8. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
  9. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
  10. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
  11. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou título equivalente.
  12. Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
  13. Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.

Os coñecementos, habilidades e capacidades de partida do estudantado procedente de Bacharelato consideranse suficientes para o ingreso no grao en Xeografía e Historia. Consideranse especialmente axeitados para iniciar dito grao os intereses e capacidades seguintes:

  • Interese polo coñecemento do pasado que determina as nosas raíces e o significado da nosa cultura
  • Interese polo coñecemento das manifestacións artísticas
  • Interese polo coñecemento do medio físico e natural
  • Comprensión e apertura ante a diversidade histórica, racial e cultural
  • Espíritu crítico
  • Gusto pola lectura
  • Capacidade de expresión oral e escrita
  • Coñecementos de idiomas estranxeiros
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
  • Terminoloxía específica en Historia, Arte e Xeografía

As vías de acceso son as xerais establecidas para a universidade, puidendo cursar satisfactoriamente o grao en Xeografía e Historia os titulados en Bacharelato en calquera das súas ramas.

Pódese acceder a través das seguintes titulacións:

  • Título de Bacharelato e superación da Proba de Aptitude de Acceso á Universidade, dacordo coa lei 6/2001 de Universidades (artigo 42).
  • Título de Ciclo Formativo de Graduado Superior e Formación Profesional.
  • Titulacións universitarias.
  • Probas de acceso para maiores de 25 anos.
  • Titulacións equivalentes ás anteriores.

Consulta toda a información na páxina web da CIUG.

 

Información de apoio ao estudante

Toda a información no apartado Orientación ao estudantado

Matrícula

Toda a información no apartado Matrícula