Atendendo ás recomendacións do “Consello Galego de Universidades” no documento “Liñas Xerais para a Implantación dos Estudos de Grao e Posgrao no Sistema Universitario de Galicia”, así como as “Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre Estrutura e Organización Académica dos Plans de Estudos de Grao”, e tendo en conta os recursos humanos e materiais existentes na Facultade de Historia, propónse que a implantación do Plan de Estudos de Graduado en Xeografía e Historia sexa progresiva a partir do curso 2014-2015:
Curso acádemico | Curso a implantar | Curso a extinguir |
---|---|---|
2014/2015 | 1º Curso Plan 2014 | 1º Curso Plan 2009 |
2015/2016 | 2º Curso Plan 2014 | 2º Curso Plan 2009 |
2016/2017 | 3º Curso Plan 2014 | 3º Curso Plan 2009 |
2017/2018 | 4º Curso Plan 2014 | 4º Curso Plan 2009 |