CAMPUS RURAL é un programa promovido polo “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico” en colaboración co Ministerio de Universidades e a Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE), no que participa a Universidade de Vigo e que facilita ao alumnado universitario de calquera titulación oficial realizar prácticas formativas en contornas rurais.
O programa permitirá que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Toda a información atópase disponible na secretaría virtual.